Ocioleiros - Oleiros

O vindeiro luns día 9 de decembro abre o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Ofértanse un total de 19 actividades diferentes para persoas maiores de 18 anos.

Ocioleiros está dirixido exclusivamente aos veciños e veciñas empadroados en Oleiros. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdico, dirixido á diversión e ao entretemento.

As persoas interesadas en participar poderán preinscribirse a través da Sede Electrónica do Concello. No caso de que a algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8:30 a 14:30 horas). O prazo abre o próximo luns e finalizará o 19 de decembro. As listaxes con todas as persoas preinscritas colgaranse o 27 de decembro para a emenda de erros.

Nas actividades nas que haxa máis demanda que prazas ofertadas, adxudicaranse por sorteo, que se realizará o 9 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica. As listaxes de persoas admitidas e as listaxes de agarda estarán expostas a partir do 13 de xaneiro.

 

Redacción

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Información

Contacto

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.