A Policía Local de Cambre inicia a recuperación de efectivos tras anos de retroceso

A Policía Local de Cambre atravesa na actualidade unha situación marcada pola perda progresiva de efectivos ao longo dos últimos anos, que xa en 2023 se traducía nun deterioro da plantilla sen reposición suficiente, afectando ao funcionamento do servizo.

Esta evolución está vinculada a un modelo de organización e retribución do servizo implantado na etapa anterior, baseado no recurso a gratificacións por horas extraordinarias que posteriormente foi cuestionado por informes internos e resolucións xudiciais.

De feito, existen nove sentenzas que rexeitan estes pagamentos ao non quedar acreditada a realización efectiva das horas extraordinarias.

Neste contexto, e tras as advertencias realizadas desde a intervención municipal sobre o sistema empregado, xerouse un contexto que derivou nunha redución progresiva de efectivos, afectando á capacidade operativa do servizo.

A este escenario súmase a investigación aberta polo Tribunal de Contas sobre os pagamentos realizados entre 2020 e 2023, por un importe que ronda os 565.000 euros, así como o procedemento xudicial en curso, que analiza posibles irregularidades na súa tramitación.

Durante este período, a Alcaldía estaba presidida por Óscar García Patiño e María Pan exercía como responsable de Economía, Facenda e Réxime Interior.

Neste escenario, o goberno municipal está a avanzar na recuperación progresiva da Policía Local, coa posta en marcha de dúas prazas a través de procesos de mobilidade, actualmente en tramitación administrativa e en coordinación coa Academia Galega de Seguridade Pública.

A previsión é que, unha vez completados os trámites correspondentes, os novos efectivos poidan incorporarse ao servizo nos próximos meses.

Ademais, o Concello está a traballar na posta en marcha dun convenio de colaboración coas policías locais dos concellos do entorno, ao abeiro do previsto no Decreto 15/2023, co obxectivo de reforzar a cobertura en eventos ordinarios e extraordinarios.

A alcaldesa, Diana Piñeiro, sinala que “a situación actual da Policía Local é consecuencia dunha evolución que se foi producindo ao longo dos últimos anos, vinculada a un modelo de organización e retribución do servizo posteriormente cuestionado e que, tras as advertencias realizadas desde a intervención municipal e as resolucións xudiciais existentes, acabou derivando nunha redución progresiva de efectivos”.

Así mesmo, subliña que “non estamos ante un problema puntual, senón ante unha situación que require medidas sostidas no tempo para poder revertela”.

Por último, destaca que “o obxectivo do goberno municipal é recuperar progresivamente a capacidade operativa da Policía Local e garantir un servizo acorde ás necesidades da veciñanza”


 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.