CAMBRE RECEPCIONA A SALA DE ACTIVIDADES DA BARCALA TRAS PERMANECER SEN USO DESDE 2023

O Concello culmina a tramitación dunha actuación destinada a ampliar a oferta deportiva municipal e mellorar as condicións das actividades dirixidas


O Concello de Cambre recepcionou a sala de actividades do complexo deportivo municipal da Barcala, culminando así a tramitación dunha actuación que permanecía sen poder entrar en funcionamento a pesar de atoparse practicamente rematada desde finais de 2023.

A alcaldesa, Diana Piñeiro, visitou as instalacións coincidindo coa recepción da obra para comprobar o resultado dunha actuación destinada a ampliar a capacidade do complexo deportivo e mellorar as condicións nas que se desenvolven numerosas actividades dirixidas.

A sala foi concibida para dar resposta ás necesidades dun complexo deportivo cunha elevada demanda de uso, incorporando un novo espazo destinado á realización de disciplinas como pilates, GAP, core, tonificación, cardio step, step, ritmo fit, Hebe Pump ou Hebe Zumba, entre outras actividades.

Porén, a pesar de atoparse practicamente finalizada desde finais de 2023, a instalación non puido ser recepcionada nin posta ao servizo da veciñanza debido ás incidencias existentes no expediente da obra.

Segundo consta na documentación incorporada ao expediente, durante a execución dos traballos foi necesario introducir modificacións respecto ao proxecto inicialmente aprobado. Os responsables da actuación trasladaron ao Concello distintas comunicacións e solicitudes co obxectivo de regularizar a situación da obra e avanzar na súa tramitación.

Porén, estas comunicacións non obtiveron a resposta necesaria para resolver a situación existente, circunstancia que acabou impedindo que a actuación puidese completarse e entrar en funcionamento.

Como consecuencia, unha instalación practicamente rematada desde finais de 2023 permaneceu sen uso durante máis de dous anos, privando á veciñanza dun espazo creado precisamente para ampliar e mellorar a oferta deportiva municipal.

Tras a chegada do actual Goberno local, o Concello iniciou unha revisión integral do expediente co obxectivo de coñecer o estado real da actuación e impulsar os trámites necesarios para resolver unha situación que permanecía pendente desde había anos.

A recepción da actuación permite poñer fin a unha situación que mantivo sen uso unha instalación practicamente rematada desde finais de 2023 e que fora creada para mellorar a práctica deportiva no municipio.

A alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, sinalou que "estamos falando dunha infraestrutura que levaba máis de dous anos practicamente rematada sen poder ser utilizada. O noso compromiso foi revisar a situación existente e impulsar a resolución dun expediente que impedía que esta sala puidese estar ao servizo dos veciños e veciñas de Cambre".

Coa recepción da actuación, o Concello de Cambre dá un paso definitivo para a posta en funcionamento deste espazo, permitindo ampliar a oferta de actividades deportivas municipais e mellorar o servizo prestado ás persoas usuarias do complexo deportivo da Barcala.

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login