Cambre - Xornadas téxtiles 'Workwear + Moda = Anaó'

O Concello de Cambre, a solicitude da organización, remite información relativa ás xornadas téxtiles "Workwear + Moda = Anaó", que se celebrarán os días 17 e 18 de abril na Casa da Cultura de Villa Concepción.

A iniciativa, promovida por Anaó Fashion Consulting, está centrada na moda, o emprendemento e a economía circular, e contará cun programa de actividades abertas ao público que inclúe conferencias, desfiles e obradoiros.

Achégase a este correo o cartel, o programa completo e a invitación ao evento.

Engadir que a alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, asistirá á inauguración o vindeiro venres 17 de abril.


Progama 

Invitación 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login