Diana Piñeiro impulsa o regreso da carreira popular de Cambre e logra a súa entrada no circuíto da Deputación

Diana Piñeiro impulsa o regreso da carreira popular de Cambre e logra a súa entrada no circuíto da Deputación

-    A alcaldesa recupera unha das citas deportivas máis emblemáticas do municipio tras anos sen celebrarse.
-    A proba celebrarase o 15 de agosto como parte do XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

O Concello de Cambre volverá contar este ano cunha das súas citas deportivas máis representativas coa recuperación da XXXIII Carreira Popular, unha iniciativa impulsada polo goberno local encabezado por Diana Piñeiro.

Ademais, a proba dará un paso adiante ao ser incluída no XII Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña, segundo a resolución oficial aprobada pola institución provincial, que selecciona as probas en función de criterios técnicos e de puntuación.

Segundo recolle o propio documento, a carreira de Cambre celebrarase o 15 de agosto, situando de novo ao municipio dentro do calendario deportivo provincial xunto a outras probas consolidadas.

A inclusión da carreira no circuíto supón un paso clave para a súa recuperación, ao implicar o seu recoñecemento dentro do calendario deportivo oficial da provincia e a súa validación tras un proceso de avaliación técnica. Ademais, a resolución establece que a celebración da proba queda condicionada á súa inscrición no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, trámite obrigatorio para garantir o seu correcto desenvolvemento e integración no circuíto.

A alcaldesa, Diana Piñeiro, salientou a importancia de recuperar esta cita, “moi vinculada á identidade de Cambre e cunha gran participación veciñal”, así como de seguir impulsando actividades que contribúan á dinamización do municipio.

A carreira levaba anos sen celebrarse, e a súa recuperación enmárcase no traballo do goberno local para reactivar a actividade municipal e avanzar na normalización do funcionamento do Concello.

Neste sentido, o executivo foi abordando tamén a resolución de cuestións pendentes de exercicios anteriores, incluíndo pagamentos correspondentes aos anos 2022 e 2023, tanto a entidades deportivas e sociais, como a premios dos carnavais de 2023, 2024 e 2025.

Con esta incorporación ao circuíto provincial e a recuperación da carreira popular, Cambre reforza a súa presenza no ámbito deportivo e dá un novo impulso á súa vida social e comunitaria.

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.