Diana Piñeiro avanza coa Xunta en melloras para os colexios de Cambre

O Concello de Cambre mantivo este martes unha reunión de traballo no edificio administrativo de Monelos, en A Coruña, entre a alcaldesa, Diana Piñeiro, e o novo director territorial de Educación, Santiago Freire.

O encontro serviu para abordar as diferentes necesidades trasladadas polos centros educativos, as ANPAS e o profesorado do municipio.

Durante a reunión analizáronse distintas actuacións de mellora e mantemento en varios colexios de Cambre, especialmente relacionadas con problemas de saneamento, adecuación de aseos, reparación de accesos e outras intervencións de conservación e seguridade.

A reunión permitiu establecer unha folla de ruta para avanzar nas actuacións máis urxentes, priorizando aquelas que poidan executarse nos próximos meses e coincidindo co período estival para minimizar as molestias á comunidade educativa.

Entre as cuestións tratadas figuran actuacións vinculadas á mellora de instalacións de saneamento, reparación e substitución de elementos deteriorados e outras labores de mantemento en distintos colexios do municipio.

Así mesmo, tamén se abordaron necesidades de maior envergadura que requirirán estudos técnicos e planificación orzamentaria específica para futuras anualidades.

A alcaldesa agradeceu a disposición e colaboración mostrada pola Dirección Territorial de Educación para atender as demandas trasladadas desde Cambre e destacou “a importancia de manter unha comunicación fluída e constante para ir dando resposta ás necesidades reais dos centros educativos do municipio”.


 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login