O Concello de Cambre instalará unha pantalla xigante

O Concello de Cambre instalará este domingo, 19 de xullo, unha pantalla xigante no Auditorio do Parque da Igrexa para que a veciñanza poida seguir en directo a final do Mundial de fútbol entre as seleccións de España e Arxentina.
O encontro comezará ás 21.00 horas e poderá seguirse de maneira libre desde este espazo municipal, que se converterá nun punto de encontro para todas as persoas que desexen vivir de forma conxunta unha cita histórica para o deporte español.

A alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, explica que a iniciativa busca «ofrecer á veciñanza a oportunidade de compartir entre os veciños e veciñas, nun espazo público e aberto, un acontecemento deportivo histórico». Neste sentido, sinala que «promover actividades de encontro, convivencia e lecer para toda a cidadanía tamén forma parte da acción municipal».

Piñeiro destaca, ademais, o carácter puntual da proposta: «Estamos ante unha final que esperta unha enorme expectación social e consideramos positivo que as familias, a mocidade e as persoas afeccionadas poidan desfrutala xuntas en Cambre, sen necesidade de desprazarse a outros municipios».

Baixo o lema «Cambre coa nosa selección», o Concello anima á cidadanía a achegarse ao Auditorio do Parque da Igrexa e apoiar á selección española na súa loita polo título mundial.

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login