O CONCELLO REALIZA UN SEGUIMENTO DO SAF PARA GARANTIR A CORRECTA PRESTACIÓN DO SERVIZO

Read Time: 3 mins
A alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, mantivo hoxe unha reunión de seguimento coa empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), na que tamén participaron a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Espiñeira; o coordinador da área en funcións; e representantes da empresa, incluídos responsables desprazados expresamente desde a sede da compañía en Elxe para participar no encontro.
Durante a reunión analizouse a situación actual do servizo, a súa evolución nos últimos meses e diferentes cuestións relacionadas coa súa organización, planificación e funcionamento diario.
A alcaldesa destacou a importancia de contar con información directa e contrastada para coñecer de primeira man a realidade do servizo e garantir a súa correcta prestación ás persoas usuarias.
Pola súa banda, os responsables da empresa trasladaron ao Concello a súa valoración sobre a evolución do SAF, detallando o proceso de organización e planificación do servizo, así como as medidas implantadas para optimizar a coordinación e a atención ás persoas usuarias.
Durante o encontro abordáronse tamén cuestións relacionadas coa cobertura das atencións, a xestión das incidencias propias dun servizo destas características e os retos aos que se enfronta actualmente o sector da axuda no fogar, reiterando a empresa o seu compromiso coa prestación do servizo e coa súa mellora continua.
Diana Piñeiro subliñou que "a nosa responsabilidade é realizar un seguimento permanente dun servizo esencial para moitas familias de Cambre, escoitando a todas as partes implicadas e supervisando a súa evolución para garantir a mellor atención posible".
O Concello continuará mantendo reunións periódicas de seguimento co obxectivo de supervisar a evolución do SAF e garantir a correcta prestación do servizo á veciñanza.