O Partido Popular de Cambre leva ao pleno a creación dunha Comisión Especial de seguimento do Plan Xeral, así como a mala xestión dos residuos e a grave carencia de contedores nas zonas máis densamente poboadas de Cambre.

O Partido Popular propuxo nos últimos meses a creación dunha Comisión Especial de Seguimento do Plan Xeral, que se someterá mañá a votación no pleno de setembro. Esta comisión especial permitirá analizar as diferentes fases de tramitación e un mellor control de todo o proceso, co obxectivo de dotar de maior transparencia e confianza aos veciños e empresas de Cambre.

Así mesmo, o Partido Popular leva tamén o pleno a grave carencia de contedores nas zonas máis densamente poboadas de Cambre, como son na parroquia do Temple e na Urbanización Barcala, e solicitar a limpeza de todos os contedores do municipio e arranxar aqueles que teñen o panca rota.

“A mala xestión do lixo en Cambre é moi preocupante, provocando que os veciños teñan que convivir con esta situación insalubre que cada vez é máis frecuente, onde os contedores existentes non son suficientes para atender a tanta xente e as bolsas acaban acumulándose no chan, algúns deles rotos e co lixo a mercé de ratas e gaivotas, sendo caldo de cultivo de roedores, ademais do mal cheiro pola falta de limpeza dos colectores, convertendo todo isto nun grave problema de saúde pública. ”, denuncia a portavoz do PP, Diana Piñeiro.

 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.