O programa EduExchanges da Xunta trae a Cambre alumnado francés nunha visita institucional recibida pola alcaldesa Diana Piñeiro

  • Diana Piñeiro explicou o funcionamento do goberno local ao grupo de estudantes participantes no intercambio co IES David Buján.
  • Un total de 40 alumnos, 20 galegos e 20 franceses, participan nesta iniciativa do programa EduExchanges da Consellería de Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional.

O Concello de Cambre recibiu este luns ao alumnado participante no intercambio entre o IES David Buján e o Lycée Saint-Michel de Annecy nunha visita institucional encabezada pola alcaldesa, Diana Piñeiro.

A rexedora deu a benvida ao grupo de estudantes, conformado por 20 alumnos galegos e 20 franceses, acompañados do profesorado de ambos centros, e explicoulles o funcionamento do goberno local e da administración municipal.

Durante o encontro, Diana Piñeiro trasladou ao grupo o papel do Concello, as principais competencias da administración local e o traballo que se desenvolve desde o goberno municipal para dar resposta ás necesidades da veciñanza, achegando así ao alumnado á realidade institucional e ao día a día da xestión pública.

Esta visita enmárcase no intercambio educativo que ambos centros manteñen desde hai tres anos, consolidando unha relación de cooperación e convivencia entre o alumnado galego e francés.

A iniciativa forma parte do programa EduExchanges da Xunta de Galicia, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, que ten como obxectivo promover a mobilidade internacional do alumnado, a aprendizaxe de linguas e o coñecemento doutras culturas.

Durante a súa estancia en Galicia, o alumnado francés desenvolverá diversas actividades culturais e educativas, incluíndo visitas á contorna da Coruña, propostas no propio centro e experiencias vinculadas ao patrimonio e á cultura local.

Como parte do carácter recíproco do programa, no vindeiro mes de abril será o alumnado galego quen viaxe a Annecy, completando así o intercambio e reforzando os lazos creados entre ambos centros educativos.

O programa EduExchanges enmárcase na estratexia de internacionalización do sistema educativo galego, facilitando estadías no estranxeiro, intercambios e proxectos de colaboración internacional co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, fomentar a autonomía do alumnado e reforzar habilidades clave como a adaptación, o traballo en equipo e a convivencia intercultural.


 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login