Diana Piñeiro lamenta que as contas non reúnan o apoio necesario despois de meses de negociación, reunións e modificacións do proxecto para atender achegas da Corporación.
- O Goberno incorporou propostas e prioridades trasladadas por BNG, PSOE e Alternativa dos Veciños, ademais de reforzar actuacións xa previstas atendendo ás súas peticións.
- UxC votou en contra das contas despois de non trasladar propostas orzamentarias concretas, pese aos reiterados intentos do Goberno para lograr a súa participación no proceso.
- Piñeiro: «Se unha formación considera que estes Orzamentos deben saír adiante, a forma máis clara de facilitalos é votar a favor».




