UxC di 'non' a pagar a artistas e provedores e bloquea as facturas da Rede Cultural 2025

  • UxC bloquea por segunda vez o cobro de facturas a artistas e provedores tras votar en contra da proposta do Goberno municipal
  • Só o Goberno municipal (PP) votou a favor do pagamento das facturas, mentres o resto da Corporación optou pola abstención

A proposta do Goberno municipal de Cambre para aprobar o pagamento das facturas pendentes da Rede Cultural 2025 foi rexeitada no pleno tras o voto en contra de Unión por Cambre (UxC), mentres o resto da Corporación optou pola abstención.

A decisión de UxC impide, polo momento, que artistas, compañías e provedores cobren polos traballos xa realizados para o Concello.

O Goberno local levou ao pleno esta iniciativa para resolver unha situación xerada durante o anterior mandato de Unión por Cambre, cando se puxo en marcha a Rede Cultural 2025 sen completar a tramitación administrativa obrigatoria nin garantir a cobertura económica das actuacións.

Segundo os informes técnicos municipais, a solicitude do programa realizouse o 1 de abril de 2025 cunha programación de 30 espectáculos sen que existise Retención de Crédito (RC) nin expediente administrativo previo, incumprindo requisitos legais esenciais.

Esta situación derivou en reparos suspensivos de Intervención sobre facturas por importe de 34.567 euros correspondentes a actuacións xa celebradas e aínda sen pagar.

A alcaldesa Diana Piñeiro foi contundente ao valorar o resultado da votación e sinalou que “é incomprensible que quen xerou este problema vote agora en contra de pagar o traballo realizado”, ao tempo que advertiu de que “UxC está bloqueando unha solución necesaria e prexudicando directamente a profesionais que xa cumpriron co Concello”.

Piñeiro engadiu que “hai profesionais que están pendentes deste pago e merecen unha solución”.

O Goberno municipal lamenta que a proposta non saíse adiante e considera que o voto en contra de UxC mantén bloqueado o pagamento destas facturas, prolongando unha situación inxusta para artistas e provedores.


 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.