O PP de Culleredo apoia o Bono Peixe da Xunta para aforrar comendo produto galego e impulsar o comercio local
O PP de Culleredo apoia o Bono Peixe da Xunta para aforrar comendo produto galego e impulsar o comercio local
Read Time: 1 min
Visitas: 199
Este luns 28 de xullo comeza o Bono Peixe da Xunta de Galicia, unha iniciativa que ofrece bonos de 50€ con desconto do 25%, sen compra mínima, para fomentar o consumo de peixe e marisco galego e apoiar ás peixarías locais. Pódese descargar directamente desde bonopeixe.gal.
A portavoz do PP de Culleredo, Izaskun García, achegouse ápeixaría Vilaculler, en Fonteculler, para animar tanto aos clientes coma aos establecementos a sumarse á campaña.
"Apostar polo noso peixe e polo comercio local é aforrar comendo ben", destacou.