O PP de Culleredo inaugura este xoves a súa sede local no Burgo como novo punto de encontro e participación veciñal

O Partido Popular de Culleredo inaugurará este xoves, 21 de maio, a súa nova sede local, ubicada na Avenida Acea de Ama / Rúa Condes de Traba, nº 2, baixo 1, en Culleredo.
 
Tras meses percorrendo o concello rúa a rúa, parroquia a parroquia, o PP de Culleredo abre agora esta sede como un espazo permanente de encontro cos veciños, para seguir escoitando as súas necesidades e continuar construíndo xuntos un proxecto de goberno real e útil para Culleredo.
 
O acto, que comezará ás 20.00 horas, contará coa presenza do presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo; o secretario xeral provincial, Evaristo Ben; a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo; o diputado autonómico Gonzalo Trenor, e a presidenta do PP de Culleredo, Izaskun García, ademais de afiliados e simpatizantes do partido.
 
Previamente, ás 18.30 horas, terá lugar na sede unha reunión comarcal do Partido Popular, coa participación de representantes de grupos municipais do PP de concellos da área metropolitana. 
 
Data:   21/05/2026
Hora:   20.00 horas
Lugar:  Avda. Acea de Ama / Rúa Condes de Traba, nº2 - baixo 1   (Culleredo)

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login