A Xunta compra 12 parcelas máis nas Fragas do Eume para reforzar a superficie pública do parque natural

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático asinou hoxe a escritura de compravenda de máis fincas privadas deste espazo protexido.

  • Os terreos, que forman parte do terceiro lote e están localizados nos concellos de Monfero e Cabanas, elevan a superficie de titularidade pública por riba das 1.850 ha.
  • O fin último destas operacións é realizar actuacións de conservación e restauración en zonas de máximo interese ecolóxico, eliminando e retirando especies invasoras así.

A Xunta de Galicia formalizou hoxe a compra de 12 parcelas máis de titularidade privada no Parque Natural das Fragas do Eume. Cunha superficie de preto de 13 hectáreas e localizadas nos concellos de Monfero (11 delas) e Cabanas (1), estas fincas pasan a formar parte da superficie pública do parque natural, que suma xa máis de 1.850 hectáreas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou esta mañá en Pontedeume a escritura de compravenda das 12 propiedades, que supoñen o terceiro lote de terreos adquiridos polo seu departamento no que vai de ano no marco dun programa pioneiro co que busca reforzar o peso da superficie pública neste espazo natural, no que o 80% dos terreos son de titularidade privada.

O obxectivo destas compras é realizar actuacións de conservación e restauración en zonas de máximo interese ecolóxico, eliminando e retirando especies invasoras e mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas que caracterizan ás Fragas do Eume, o bosque atlántico europeo mellor conservado de toda Europa.

Neste sentido, cómpre lembrar que a Xunta habilitou un orzamento de 1,1 millóns de euros para afrontar este tipo de adquisicións e ten localizadas unhas 400 parcelas (que suman 200 hectáreas) para avaliar a súa posible compra. De feito, está previsto adquirir un novo lote (o cuarto) antes de que remate o ano. Ata o momento, o Goberno galego xa comprou 40 parcelas que suman preto de 30 hectáreas.

A Xunta considera de vital importancia a realización de actuacións que persigan tanto incrementar a superficie pública de bosques e a súa recuperación como asegurar a conservación da natureza a través do mantemento dos procesos ecolóxicos, a preservación da biodiversidade dos ecosistemas e a aplicación de medidas que garantan a singularidade da paisaxe e a restauración de recursos naturais degradados.

Estas medidas enmárcanse no compromiso da Xunta de facer compatible a protección e preservación dos valores, hábitats e principais especies de flora e fauna que alberga este territorio cunha actividade económica sostible, obxectivos que tamén guían o Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Natural das Fragas do Eume, no ano 2023.

Fonte: www.xunta.gal

Redacción

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Información

Contacto

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.