Diana Piñeiro elevará as subvencións ás asociacións entre un 12% e un 20%

  • O goberno local vincula a subida das subvencións á aprobación do novo orzamento municipal
  • O executivo de Diana Piñeiro reivindica “un cambio de rumbo” na política de apoio ao tecido asociativo

O goberno de Diana Piñeiro levará ao pleno municipal unha modificación do Plan Estratéxico de Subvencións 2024-2027 para incorporar unha subida de entre o 12% e o 20% nas distintas liñas de axuda destinadas ao tecido asociativo de Cambre.

A medida irá ligada á aprobación dos novos orzamentos municipais, nos que o executivo local xa incorpora este incremento das subvencións para asociacións culturais, deportivas e sociais, clubs, comisións de festas, entidades veciñais e ANPAS. Dende o goberno municipal subliñan que ambas iniciativas forman parte dunha mesma aposta política para reforzar o apoio económico ás entidades do municipio.

O goberno local defende que esta actualización das contías busca compensar a situación que atravesaron as asociacións durante os últimos anos, marcados pola ausencia de convocatorias, os retrasos administrativos e a falta de estabilidade nas subvencións municipais durante o anterior mandato. O executivo considera que esta situación provocou importantes dificultades económicas e organizativas para numerosos colectivos de Cambre.

Dende o goberno local destacan que a medida forma parte “dunha nova forma de xestión” centrada en recuperar a estabilidade das subvencións municipais e reforzar a colaboración co tecido asociativo do municipio.

Diana Piñeiro asegurou que o obxectivo do executivo é “recuperar o apoio ás asociacións e garantir que os colectivos de Cambre teñan máis respaldo e máis estabilidade para desenvolver a súa actividade”.

A previsión do goberno é que tanto a modificación do plan como os novos orzamentos municipais poidan ir ao pleno ordinario de maio, aínda que non se descarta a convocatoria dun pleno extraordinario durante a primeira semana de xuño.


 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.