O Partido Popular de Oleiros critica a actitude do Concello con relación ás marquesiñas do autobus en Oleiros

Sinalan os Populares que substituír non é colocar sen máis


O debate sobre as marquesiñas en Oleiros leva anos aberto. Tras modelos que cumprían a súa función de resgardo e que foron abandonados por problemas de vandalismo —unha cuestión de mantemento e responsabilidade, non de deseño—, optouse por instalar marquesiñas reducidas a unha simple cuberta elevada de vidro, sen protección real fronte á chuvia nin ao vento.

Na actualidade estanse a anunciar actuacións que se presentan como colocacións de novas marquesiñas cando, nalgúns casos trátase da substitución de modelos xa existentes e ineficaces, como ocorre na parada situada diante da farmacia de Dorneda.

Ademais, a comunicación municipal omite que as novas marquesiñas son subministradas pola Xunta de Galicia, correspondendo ao Concello únicamente a súa instalación, adxudicándose así un mérito que non lle corresponde na súa totalidade.

"Xa empeza a resultar grotesco que neste asunto, do mesmo xeito que outros temas no pasado, cando a Xunta acomete unha actuación saia Gelo "patas pa arriba" asegurando que el a levaba demandando desde hai tempo e que era unha obrigación da administración autonómica. O de sempre, el encárgase de crear todos os problemas e ten que vir "papá-administración" a resolvelos", manifestou a Voceira Popular Loli Silva.

 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login