• Allegue sinalou que esta nova ferramenta, froito da escisión de Xestur, permitirá á Xunta completar o reto de duplicar o parque público residencial ao remate desta lexislatura
  • Dixo que están en marcha máis de 1.500 vivendas de promoción pública, no bo camiño do obxectivo de lexislatura: chegar ás 8.000 e facilitar solo para construír 20.000 protexidas
  • As contas autonómicas destinan 240M€ a políticas de vivenda e urbanismo, dos que a metade se dirixirán á construción de nova vivenda pública e adquisición de solo residencial
  • A Xunta, de xeito paralelo á construción, impulsa a rehabilitación de vivenda, piar ao que se reservan máis de 52M€ para o vindeiro exercicio
  • Puxo o acento no acceso dos mozos á vivenda, con medidas como a construción de aloxamentos temporais para menores de 36 anos; o Aval Mozo, co que se blinda ata o 20% da hipoteca concedida; ou a xestión do Bono Alugueiro Mocidade
  • As infraestruturas son o segundo eixo desta consellería, cun orzamento de 265M€, dos que 63M€ permitirán sumar quilómetros de vías de altas prestacións libres de peaxes
  • Entrará en servizo o treito da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e a AC-241; e avanzarán a de Tui-A Guarda, con 9M€; e a prolongación da da Costa da Morte, con 8M€
  • A seguridade viaria é prioritaria para a Xunta, que reserva o vindeiro ano 68M€ para garantir a conservación das estradas autonómicas
  • Lembrou que a consellería executa, a través de encomendas, infraestruturas sanitarias como as ampliacións nos hospitais de Montecelo, Ferrol, Ourense ou Santiago e o impulso do Novo CHUAC; ou a construción do novo centro administrativo de San Caetano
  • No marco da Estratexia de Infraestrutura Verde habilítase unha partida de 3 M€ para proxectos de renaturalización de espazos degradados, sobre todo nas cidades
  • Ángeles Vázquez sinala que é un ano clave para a xestión da costa e tamén en materia de clima, coa previsible aprobación da norma que lle dará rango legal ao compromiso de lograr a neutralidade climática no horizonte do ano 2040
  • Créase a marca Galicia Refuxio Climático e haberá 5 M€ para mellorar a xestión dos riscos derivados do cambio climático e concienciar á cidadanía a través dun novo programa formativo para a mocidade e do Observatorio de saúde e clima
  • Augas de Galicia porá en marcha un Plan integrado de saneamento das rías, cun investimento de 70 M€ só en 2025, e creará unha Escola da Auga para a profesionalización dos técnicos municipais
  • O Executivo galego prepara a candidatura para crear a oitava reserva da biosfera de Galicia, coa que a metade do territorio galego estaría protexido
  • A Xunta triplica a partida de axudas para a protección dos animais de compañía, avanza de cara á construción do primeiro centro de titularidade autonómica para a recollida de animais abandonados e impulsará parques caninos nas cidades galegas
  • Diego Calvo destacou que se darán os primeiros pasos para manter a excelencia do deporte de alto nivel con cifra récord de deportistas recoñecidos actualmente
  • A Xunta reforza a asistencia xurídica gratuíta con 15M€ para aboar o pago deste servizo aos colexios profesionais da avogacía e da procuradoría
  • Cos 216,6M€ en materia de mobilidade, atenderanse as liñas do transporte autonómico mantendo as bonificacións da Tarxeta Xente Nova e a Tarifa +65 e, entre outras actuacións, avanzarase nas obras das estacións intermodais pendentes
  • O Goberno galego consolida as liñas de axudas dos últimos anos ás entidades locais tras executar neste exercicio case 700 actuacións por importe de 24M€ e incrementa en máis dun 33% o apoio ás asociacións veciñais cunha achega récord de 4M€
  • Darase continuidade a proxectos como o novo centro de asociacionismo de Vigo nos antigos xulgados da rúa Lalín cunha partida de 9,9M€

Página 5 de 5

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Información

Contacto

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.